


Construímos unha comunidade interactiva onde quen chega ao rural se integra con habitantes, familias e negocios locais, conectando pasado, presente e futuro para convivir mellor

Traducimos a complexidade do rural en información útil e accionable combinando tecnoloxía e contacto directo coas persoas. Así elaboramos mapas vivos do territorio en tempo real, permitindo xerar conexións máis conscientes, fortalecer a comunidade e detectar oportunidades reais para convivir e vivir mellor.

Transformamos o coñecemento do territorio en solucións concretas con intervencións personalizadas para activar cambios reais, medibles e sostibles na convivencia do rural.


entre_nós é unha forma distinta de entender o rural, unha nova forma de construír o rural.
A conexión entre persoas e entorno pasa polas relacións humanas. E esas relacións só son posibles cando aprendemos a convivir.
O rural está a vivir unha transformación profunda, pero tamén unha tensión silenciosa. Tras a pandemia, o teletraballo e a situación socioeconómica, son moitas as persoas que chegan desde as cidades aos pobos.
Os perfís son variados: profesionais que traballan en remoto, emprendedores que ven oportunidades no territorio e migrantes internacionais que inician novos proxectos de vida.
Ao mesmo tempo, seguen aí quen sostivo o territorio durante xeracións: familias, produtores locais… comunidades cunha identidade forte e unha forma propia de entender a vida.
Estes dous mundos non sempre se atopan. Moitas veces simplemente coexisten.
En Galicia reflíctese claramente esta realidade: máis de 170 persoas maiores por cada 100 mozas e mozos no ámbito rural.
O envellecemento e a despoboación son problemáticas estruturais. A isto súmase a falta de servizos, a dificultade para fixar poboación e unha crecente desconexión social entre quen chega e quen xa está.
A desconfianza dos de sempre, a dificultade das novas persoas para integrarse.
O resultado: un rural fragmentado.
Porque o problema non é só cantas persoas hai ou cantas chegan. O problema é como conviven.
En entre_nós traballamos para algo esencial: convivir mellor no rural.
Cremos que o futuro do rural non depende unicamente de atraer persoas ou xerar actividade económica, senón de construír relacións que permitan integrar realidades distintas nunha comunidade compartida.
O noso propósito é conectar a quen chega con quen xa está, xerando espazos onde poidan entenderse, colaborar e construír xuntos.
Isto implica integrar tres dimensións fundamentais do territorio:
. pasado, que achega identidade, coñecemento e raíces
. presente, que reflicte os retos e dinámicas actuais
. futuro, que introduce novas oportunidades, perfís e formas de vida
Cando estas tres dimensións se integran, o rural transfórmase.
Convivir mellor non é só vivir xuntos. É crear confianza, pertenza e sentido compartido.
É pasar de coexistir… a construír comunidade.
Para facer posible esta transformación, en entre_nós desenvolvemos unha infraestrutura de convivencia baseada en catro ferramentas clave:
![]()
Facilitamos relacións reais, xeramos confianza e acompañamos procesos de integración para que as persoas non só cheguen, senón que formen parte. Creamos e activamos unha comunidade entre as persoas habitantes locais e as novas veciñas e veciños.
![]()
Desenvolvemos un mapa vivo do territorio que identifica persoas, recursos, proxectos e oportunidades. Este mapa permite entender o ecosistema local e facilita conexións estratéxicas entre quen pode xerar valor xuntos.
![]()
Impulsamos un espazo de experimentación onde deseñamos e probamos novas formas de convivencia no rural. Aquí nacen iniciativas, proxectos piloto e solucións que responden aos retos reais do territorio.



comunidad_nós é o corazón de entre_nós: unha comunidade viva que se constrúe desde a relación real entre persoas, integrando a quen chega con quen xa forma parte do territorio. Trátase dun sistema activo de conexión en tempo real, onde a convivencia se deseña, se coida e se activa de forma continua.

A construción da comunidade comeza con hola_nós, un encontro festivo e integrador que nos permite entrar na comunidade desde a proximidade. Neste primeiro paso coñecemos ás persoas habitantes locais, xeramos confianza e detectamos ás líderes_nós, persoas clave do territorio que acompañarán a construción e dinamización da comunidade.
A partir de aí, analizamos a realidade local desde unha perspectiva profunda: medimos o estado emocional da comunidade, o nivel de convivencia e as oportunidades reais que o entorno ofrece a novas persoas habitantes. Este diagnóstico permítenos entender que necesita o territorio e como integrar a quen chega

une_nós é o motor que converte oportunidades en relacións reais. É o proceso mediante o cal identificamos novas persoas, perfís e proxectos, desde futuras veciñas e veciños ata novas iniciativas empresariais rurais, e analizamos o seu encaixe na comunidade.
Non se trata só de “quen chega”, senón de como chega e con quen conecta. A través dunha avaliación con enfoque psicosocial, entendemos as motivacións, expectativas e necesidades tanto das persoas como do territorio. Cruzamos esta información coas dinámicas locais, os vínculos existentes e as oportunidades reais do entorno, creando conexións con sentido, facilitando integracións conscientes, reducindo friccións e activando relacións con potencial de arraigo.
Non é atraer máis, senón integrar mellor

Cada nova incorporación trabállase de forma personalizada a través de entre_nós, un encontro deseñado para presentar ás novas persoas integrantes dentro da comunidade, facilitando a súa integración desde o primeiro momento e xerando vínculos reais coas persoas do lugar.
Así, comunidad_nós convértese nunha estrutura dinámica onde as conexións non son puntuais, senón continuas. Unha comunidade que evoluciona en tempo real, xerando relacións, activando oportunidades e facendo posible convivir mellor no rural.

mapa_nós é a ferramenta que transforma todo o que acontece na comunidade en intelixencia útil para actuar. Recollemos os datos e vivencias xeradas en comunidad_nós e convertémolos en tres mapas interactivos: o mapa emocional, que reflicte como se senten as persoas; o mapa de convivencia, que mostra como se relacionan; e o mapa de oportunidades, que identifica o potencial real do territorio.
Estes mapas actualízanse en tempo real e ofrecen unha visión clara e dinámica do estado de cada localidade.
mapa_nós combina análise dixital con contacto humano directo, asegurando que os datos non só se midan, senón que se entendan e se interpreten desde a realidade social.
O resultado é unha ferramenta que permite anticipar necesidades, detectar tensións, activar oportunidades e tomar decisións máis precisas para mellorar a convivencia. Porque entender o territorio non é só mapealo, é sentilo e conectalo.


lab_nós é o espazo onde a información se converte en acción. A partir dos datos xerados na comunidade e dos mapas, deseñamos solucións específicas para cada territorio, adaptadas á súa realidade social, económica e emocional.
No Lab personalizamos cada intervención, damos forma a proxectos concretos e acompañamos o seu desenvolvemento de principio a fin. Non traballamos con propostas xenéricas, senón con accións deseñadas á medida, aliñadas coas necesidades reais da comunidade e coas súas oportunidades.
Ademais, establecemos indicadores claros (KPIs) para medir o impacto de cada proxecto e realizamos un seguimento continuo que nos permite axustar, mellorar e escalar o que funciona. Así, transformamos a convivencia en resultados tanxibles, medibles e sostibles no tempo.
Dentro de lab_nós, estruturamos os nosos servizos para acompañar todo o ciclo de transformación da convivencia no rural, desde o diagnóstico ata a validación do impacto:

project_nós é o punto de partida. Realizamos unha avaliación integral do territorio (social, emocional e de convivencia) e, a partir de aí, deseñamos un plan de acción personalizado. Definimos obxectivos claros, priorizamos oportunidades e establecemos unha folla de ruta adaptada á realidade local, conectando necesidades con solucións concretas.

psicosocial_nós estrutura a convivencia en cinco procesos clave: avaliación, prevención, detección, intervención e aprendizaxe.
Integramos en todos os nosos procesos principios da psicoloxía social aplicada, desde as normas sociais ata a identidade grupal, traducíndoo en funcionalidades concretas que guían o comportamento colectivo e facilitan a toma de decisións con base científica e certificable.

control_nós asegura que os proxectos non queden no deseño, senón que evolucionen. Facemos un seguimento en tempo real, medimos o impacto mediante indicadores (KPIs) e xeramos informes que permiten entender que está funcionando, que debe axustarse e como optimizar os resultados. É un proceso continuo de mellora baseada en datos e na realidade da comunidade.

certi_nós é a validación final. Acreditamos o nivel de convivencia acadado nunha comunidade, recoñecendo territorios, organizacións e proxectos que lograron integrar de forma efectiva ás persoas e xerar relacións sostibles. Esta certificación non só achega valor reputacional, senón que posiciona o territorio como un referente no novo modelo de rural baseado na convivencia.
